Pulseira ESPIRAL

6,50

100% reciclada
100% artesá
100% galega

O lixo mariño é un problema que nos afecta a todos. As costas do mundo enteiro están cheas de residuos plásticos producidos polo home. Estas pulseiras Onda Nosa están feitas artesanalmente con líneas de cabo mariño recollido das praias de Galicia, dándolles unha nova vida e retirándoos do medio natural.

Cada pulseira “Espiral” é única e feita a man en Galiza, e está composta por un anaco de cabo mariño reciclado e conectores que permiten pechala de xeito axustable adaptándose a distintas medidas de pulso. Se precisas unha medida excepcionalmente pequena ou grande indícamo por favor e fago unha especial para ti. As espirais que sirven de terminais para a pulseira permítenme facela sen ningún tipo de adhesivo evitando así estas substancias.

Levar a pulseira “Espiral” faiche embaixador de Onda Nosa formando parte da brigada “lixo zero”. Cando a leves posta debes lembrar reducir o uso de plástico dun só uso. Coidemos os océanos!

Podes elixir a cor que desexes (tendo en conta que as cores e grosores do cabo son variables en función do que atopo na praia). Se non indicas a cor enviareiche a que teña dispoñible nese momento.

 

Categorías: , Etiquetas: ,

Descripción

Material  cabo reciclado, metal

Fabricación: 100% artesanal en Galiza

Orixe: 100% local , material colleitado coas miñas mans nas praias galegas

Embalaxe: A embalaxe coa que se envían os produtos de Onda Nosa é 100% sen plástico

 

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pulseira ESPIRAL”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *