Pulseira NÓS

4,50

Feita con cabo recollido das praias de Galiza

100% reciclada
100% artesá
100% galega

Categorías: ,

Descripción

O lixo mariño é un problema que nos afecta a todos. As costas do mundo enteiro están cheas de residuos plásticos producidos polo home. Estas pulseiras Onda Nosa están feitas artesanalmente con líneas de cabo mariño recollido das praias de Galicia, dándolles unha nova vida e retirándoos do medio natural.

Cada pulseira “Nós” é única e feita a man en Galiza, e está composto integramente por un anaco de cabo mariño reciclado, anoado con dous nós mariñeiros corredizos, polo que a pulseira é axustable, adaptándose a calquera tamaño de pulso (se é para unha crianza avísame e podo facer unha excepcionalmente pequena).

Levar a pulseira “Nós” faiche embaixador de Onda Nosa formando parte da brigada “lixo zero”. Cando a leves posta debes lembrar reducir o uso de plástico dun só uso. Coidemos os océanos!

Podes elixir a cor que desexes (tendo en conta que as cores e grosores do cabo son variables en función do que atopo na praia). Se non indicas a cor enviareiche a que teña dispoñible nese momento.

 

Material  100% cabo reciclado das praias galegas, colleitado a man

Fabricación: 100% artesanal en Galiza

Orixe: 100% local , material colleitado coas miñas mans nas praias galegas

Embalaxe: A embalaxe coa que se envían os produtos de Onda Nosa é 100% sen plástico

 

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pulseira NÓS”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *