Sobre mín

Ola!

Son Mariola López e vivo en Ferrol, unha pequena cidade costeira de Galicia. Encántanme o océano e a natureza, crear cousas coas mans, expresarme e comunicarme cos demáis. Creo no decrecentismo e son crebeira (dende que son unha nena vou ás crebas, a recoller o lixo que o mar deixa na area). Ademáis trato de levo un estilo de vida “lixo zero” no que intento non producir residuos.

Estudei Enxeñería Naval e Oceánica e aínda que me adiquei un tempo a esta profesión, actualmente adícome a este proxecto creativo personal chamado Onda Nosa que compaxino con accións de educación ambiental. Se queres saber máis sobre a miña faceta profesional ou propoñerme a participación nun proxecto, podes botar unha ollada ao meu Linkedin ou enviarme un correo electrónico a ondanosa@gmail.com .

O meu tempo de lecer adícoo á horta, a aprender a ser máis autosuficiente,a facer deporte, a estar cos amigos e a  pasear cos meus preciosos canciños: Nila e Dul. E… ás veces, a proxectos de voluntariado por aquí e acolá.

Teño outro blogue onde comparto os meus pasos, o meu pensar, e outras cousas que fago, podes velo aquí.

Mariola López